O Equipo de Biblioteca participou nas reunións iniciais dos titores coas familias da escola,estamos entregando un pequeno folleto con recomendacións sobre a lectura. Aquí tendes un resumo:
"Visita cos teus fillos as bibliotecas municipais de Mos, Redondela ou Porriño. Nelas poderedes acceder a moitos recursos gratuitos: préstamo de libros, películas ou música. Tamén poderedes usar os ordenadores, navegar por internet e visitar os blogs da escola.
Queremos informarvos de que neste curso poñeremos en marcha desde a biblioteca a actividade Mochilas e Maletas Viaxeiras.
As Mochilas e Maletas visitarán as familias do noso colexio levando no seu interior libros, música, películas...materiais da nosa biblioteca que viaxarán durante o curso para que as familias coñezan todo o que a nosa biblioteca escolar oferta.
Queremos pedir ás familias un compromiso de que os materiais da biblioteca serán coidados e devoltosen perfecto estado despois de ser usados nas casas para que outras familias poidan gozar co seu uso tamén.
Os materiais da biblioteca son de todos e todos temos a obriga de coidalos.
Se tendes ocasión visitade os blogs e páxina web da biblioteca do colexio, nela teredes información puntual das actividades que se realizan e poderedes acceder a traballos realizados polos vosos fillos e fillas".
ACTIVIDADES DESTACADAS CURSO 08/09
ACTIVIDADES DESTACADAS CURSO 07/08
OS DEREITOS DO LECTOR
NORMAS DE USO DOS POSTOS INFORMÁTICOS