O Equipo de Biblioteca participou nas reunións iniciais dos titores coas familias da escola,estamos entregando un pequeno folleto con recomendacións sobre a lectura. Aquí tendes un resumo:

"Visita cos teus fillos as bibliotecas municipais de Mos, Redondela ou Porriño. Nelas poderedes acceder a moitos recursos gratuitos: préstamo de libros, películas ou música. Tamén poderedes usar os ordenadores, navegar por internet  e visitar os blogs da escola.

Queremos informarvos de que neste curso poñeremos en marcha desde a biblioteca a actividade Mochilas e Maletas Viaxeiras.

As Mochilas e Maletas visitarán as familias do noso colexio levando no seu interior libros, música, películas...materiais da nosa biblioteca que viaxarán durante o curso para que as familias coñezan todo o que a nosa biblioteca escolar oferta.

Queremos pedir ás familias un compromiso de que os materiais da biblioteca serán coidados e devoltosen perfecto estado despois de ser usados  nas casas para que outras familias poidan gozar co seu uso tamén.

Os materiais da biblioteca son de todos e todos temos a obriga de coidalos.

Se tendes ocasión visitade os blogs e páxina web da biblioteca do colexio, nela teredes información puntual das actividades que se realizan e  poderedes acceder a traballos realizados polos vosos fillos e fillas". 

 

 OS NOSOS BLOGS 

 

LIBROS FEITOS POLO ALUMNADO

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

 

 ACTIVIDADES DESTACADAS CURSO 08/09

 

ACTIVIDADES DESTACADAS CURSO 07/08

 

 OS DEREITOS DO LECTOR

 

NORMAS DE USO DOS POSTOS INFORMÁTICOS